Tuesday, October 16, 2012

GALIZA: Apoiar e participar na Conferencia Internacional de Apoio a Guerra Popular na India.





Desbotar as ilusións e prepararse para loitar!
Mao Tse-tung

O Comité de Construcción do Partido Comunista maoísta-Galiza quere facer publico seu respaldo a Conferencia Internacional de apoio á guerra popular na India que terá lugar na cidade de Hamburg en novembro deste ano. Así mesmo respalda ó traballo do Comité Internacional de apoio a Guerra popular na India e ao Comité Galego de apoio a guerra popular na India que leva adiante na nosa patria esta importante tarefa internacionalista.
O apoio a Guerra Popular Revolucionaria que encabeza na India ó Partido Comunista da India (maoísta) é unha liña que separa aos oportunistas que trafican coa revolución e o socialismo mentres poñen velas á democracia burguesa, autentica ditadura de explotación e marxinación do proletariado e demais clases populares. O réxime reaccionario indiano presentase coma a “mais grande democracia do mundo” cando non é mais que unha grande prisión dos pobos, na que a excravitude e as castas só están abolidas, no papel mollado das leis burguesas.
O Glorioso sendeiro da Revolución, da guerra popular que é a guerra das masas populares é o único camiño de liberación da humanidade da opresión dun sistema económico de explotación, hoxe mais que nunca internacional, na súa etapa imperialista. Isto nos indica que a súa heroica loita está intimamente ligada coa nosa, como clase e como pobo.
Facemos un chamado aos sectores mais avanzados do proletariado galego, do pobo e as personalidades democráticas do noso país á apoiar esta heroica loita revolucionaria e a participar nesta importante conferencia internacional.
A Guerra Popular Revolucionaria na India esta a servir a Revolución Proletaria Mundial, a Revolución na Galiza!
Galiza, outubro do 2012

Comité de Construcción
Partido Comunista maoísta-Galiza

No comments:

Post a Comment